A Xunta Directiva da Asociación de Nais e Pais convoca os seus asociados a unha Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar o vindeiro martes 9 de decembro, ás 18,45 horas en primeira convocatoria e ás 19, 15 horas en segunda convocatoria, na biblioteca da escola, coa seguinte

 

ORDE DO DÍA:

  1. Lectura e aprobación da acta da anterior asemblea.
  2. Presentación novos cargos da directiva.
  3. Explicación das actividades extraescolares e outros temas que xestiona a ANPA.
  4. Estado e publicación das contas.
  5. Grado de satisfacción do inglés do colegio.
  6. Propostas de xogos para maiores na festa de fin de curso.
  7. Propostas de actuación sobre socios e usuarios de actividades con débedas.
  8. Votación cobro das fotos da orla a 4o ESO a non socios.
  9. Votación para prioriza-los socios como beneficiarios do fondo de libros.
  10. Votación actividades extraescolares en xuño.
  11. Votación para falar co colexio sobre un campamento en xullo.
  12. Rogos e preguntas.

 

A reunión está aberta a tódolos pais e titores, pero só terán dereito a voto os socios que estén o corrente dos seus pagos.

Contamos coa vosa asistencia.

 

A Xunta Directiva