A ANPA do Colexio Andersen está integrada por pais, nais e titores legais dos alumnos matriculados neste centro, coa finalidade de sermos unha canle de encontro, comunicación e participación entre os diferentes interlocutores da Comunidade Educativa, implicándonos no desenvolvemento escolar dos nosos fillos, e apoiándoos nesta etapa tan importante da súa vida. 

Alén deste labor, a ANPA participa no plan de actividades extraescolares que serve de complemento ao traballo docente da escola, tanto no aspecto cultural como no deportivo, con un programa que se revisa e actualiza anualmente en función das inquedanzas dos socios.

Así mesmo, a ANPA colabora co Centro nas celebracións de Nadal, agasallando a cada alumno con unha foto de grupo de tódolos compañeiros da súa clase e un pequeno refrixerio; na “Semana de Andersen” e na Festa de Fin de Curso, participando coas atraccións inchables, colaborando na merenda e entregando aos fillos dos socios, alumnos de 4º de ESO, unha orla conmemorativa e unha colección de fotografías en soporte dixital para que leven unha lembranza dos anos transcorridos na escola.

Tamén puxemos en marcha un fondo de préstamo de libros de texto, que gracias a colaboración voluntaria das familias permitirá aproveitar durante máis tempo os libros de texto para reducir os costos, fomentar a reciclaxe e respeto ao medio ambiente.