Campamento "A volta ao mundo"

Un campamento dinámico e divertido, onde as nenas e nenos sigan aprendendo a través dun programa de actividades que lles permita mellorar como persoas. Un verán diferente cheo de actividades relacionadas coa volta ao mundo, descubrimento de novas culturas, idiomas, xogos e tradicions, e sen esquecernos do deporte.

Partiremos de Vigo e iremos elixindo un país de cada continente. Unha vez elixido “aterraremos" na capital do devandito país. Tentaremos tratar os seguintes temas en cada cidade:
• Idioma
• Xogos populares
• Comida típica
• Dereitos de nenas e nenos nese país.

 

Dende o 24 ao 28 de xuño e mes de xullo 

   8:00 a 9:00  SERVIO MATINAL Os neno/as que utlicen este servizo, serán recibidos e atendidos por un monitor/a e realizarán pequenos xogos
   9:00 a 13:30  PROGRAMA DE ACTIVIDADES  Entregarase antes do comezo do campamento un cronograma semanal coas actividades a realizar 
 13:30 a 14:00  RECOLLIDA   Recollida dos nenos/as que comen na casa
 14:00 a 15:00  COMIDA 

SERVIZO FIAMBRERA: Os nenos/ as traen a súa propia comida 

SERVIZO COMEDOR: Servizo catering Arelas. (5 €/dia)  

 15:00 a 15:30   XOGOS E RECOLLIDA Realizaranse xogos e estarán atendidos por un monitor/a ata a recollida dos nenos/as  

 

Inscripcion telemática a traves da web. norgof.es/inscripcion/

 

Día da auga: Para eses días calorosos de verán temos preparados unha chea de xogos con auga e que se refresquen os nosos pequenos e pequeñas viaxeiras.

Dia do deporte: Este día estará dedicado só ao deporte, teremos Olimpíadas e coñecerán distintos deportes que se practican no mundo.

Xogos deportivos: Non poden faltar as gimkanas e o deporte. Aproveitando as instalacións realizarán mini torneos de futbol, baloncesto,natación, roller (poderán traer os seus patíns, patinetes, bicis..para realizar circuítos)

Talleres: Para espertar a súa curiosidade, fomentar a súa imaxinación e creatividade, faremos talleres de ciencia, cociña e tecnoloxía.

Excursión: Realizaremos una excursión en cada quincena.

Festa de despedida: O último día de cada quenda faremos unha festa á que poderán asistir as familias e ensinarémoslles todo o que fixemos durante o campamento e algunha sorpresa haberá…  

 

Prezos

HORARIO  24–28 XUÑO  QUINCENAS  MES COMPLETO
  9:00 a 14:00  40€  70€  105€ 
  8:00 a 9:00  7€  13€  23€ 
14:00 a 15:30  9€  15€  25€ 

 *Prezos para nenos e nenas non socios 10€ máis ou 10% desconto a socios da anpa (A concretar co Anpa)

 

Más información

En el teléfono 635 650 092 o en Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., o través del Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.