Una pluma de cuervo blanco

  • Autor: Pepe Maestro
  • Editorial: Edelvives
  • Lingua: castellano
  • Páxinas: 110
  • Idade: desde 9 anos
  • Temática: xuvenil, valores

Juan vive con sus tías Macaria y Jerónima. El cuervo blanco lo elige para acompañar a su abuelo Martín en un largo viaje. Es un viaje iniciático, en el que el abuelo transmite sus enseñanzas al nieto. Muchas de ellas tienen que ver con la conservación de la naturaleza.

Ver máis...

Arnoia, Arnoia

  • Autor: Xosé Luis Méndez Ferrín
  • Editorial: Xerais
  • Lingua: galego
  • Páxinas: 104
  • Idade: desde 9 anos
  • Temática: infantil, fantasía

En Arnoia, Arnoia, Nmógadah, un dos príncipes Segredos das terras de Arnoia vese preso e forzado ao exilio polo pobo dos veciños, invasores da súa terra e asasinos de Mai Loretta, quen antes de morrer lle dá dous obxectos: unha bolsiña máxica e o Libredón. Coa axuda do Libredón, Nmógadah e Mestre Lionel libéranse dos seus captores e comezan as súas aventuras: o encontro co xigante Hannak, as fragas de Brocelandia, onde recibe a espada Milmanda, as minas de Grou...

Ver máis...

A galiña azul

  • Autor: Carlos Casares
  • Editorial: Galaxia
  • Lingua: galego
  • Páxinas: 50
  • Idade: desde 9 anos
  • Temática: infantil, fantasía

Un libro co que miles de nenos e persoas maiores se introduciron na literatura infantil na nosa lingua. Publicado por primeira vez en 1968, neste libro o narrador vai recordando para unha nena amiga, Ana, algúns episodios vividos por ela na infancia, entre os que destacan as historias de Leoncio, o inventor da bomba da Felicidade e do "papaio", unha lingua para falar cos paxaros. Claro que o personaxe central é a Galiña Azul, á cal quere matar Manolito Listón porque, segundo di, unha galiña que en vez de dicir cacaracá di cocorocó e que ten cinco plumas encarnadas na á dereita, "non é unha galiña como é debido".

Ver máis...

Os sonos na gaiola

  • Autor: Manuel María
  • Editorial: Xerais
  • Lingua: galego
  • Páxinas: 104
  • Idade: desde 9 anos
  • Temática: infantil, poesía

O medio cento de poemas que constitúen este volume percorren o mundo infantil galego con estructuras sinxelas e rítmicas. Abren o libro dous poemas dedicados a Galicia. Un deles, que leva o mesmo nome, é case unha declaración de principios sobre o noso país para os nenos e nenas. Este libro é un clásico da nosa literatura infantil. O autor, nunhas palabras iniciais, di que "son versos que este humilde autor botou de menos cando el era neno. Versos que, por outra banda, non había na literatura galega e que tan preciosos son. Eu quixera encher, en parte, este oco".

Ver máis...

Recomenda un libro

Coñeces un libro que che gustaría incluír nesta sección? Fai clic aquí!

Recomenda un libro