- Autor: Carlos Casares
- Editorial: Galaxia
- Lingua: galego
- Páxinas: 50
- Idade: desde 9 anos
- Temática: infantil, fantasía
Un libro co que miles de nenos e persoas maiores se introduciron na literatura infantil na nosa lingua. Publicado por primeira vez en 1968, neste libro o narrador vai recordando para unha nena amiga, Ana, algúns episodios vividos por ela na infancia, entre os que destacan as historias de Leoncio, o inventor da bomba da Felicidade e do "papaio", unha lingua para falar cos paxaros. Claro que o personaxe central é a Galiña Azul, á cal quere matar Manolito Listón porque, segundo di, unha galiña que en vez de dicir cacaracá di cocorocó e que ten cinco plumas encarnadas na á dereita, "non é unha galiña como é debido".