Colexio Andersen foi fundado no ano 1969, cando un grupo de profesores decidiu construír un proxecto educativo baseado nos valores universais dos dereitos humanos, desenvolvendo as capacidades individuais dos/as alumnos/as. Sitúase próximo a Valadares, nos arredores de Vigo (ver mapa), e conta cun espacio amplo con pechado, dentro do cal crece unha abundante vexetación arbórea poboada por unha gran cantidade de paxaros. 

O colexio imparte formación de Ciclo Infantil, Primaria e Secundaria, e dispón de instalacións deportivas, bibliotecas, salas de audiovisuais, ludoteca, laboratorio de ciencias, aula de tecnoloxía... Podes visitar a web do Colexio Andersen facendo clic aquí.